ESCRITA

 

1989 - Exercicios de estilo, adaptación e dramaturxia de Exercicios de Estilode R. Queneau. 

Estreada polo grupo de teatro Eis da USC
1991 - Artigo “O teatro portugués actual” en El Correo Gallego

1992 - Publica O Réxime informa na Revista Ólisbos da Facultade de Filoloxía da USC
1993 - Artigo “O grupo de teatro Eis” na Revista Información teatral, Nº 9

1993 - O exemplo da Sra. Pot. Adaptación de Mockinpot de Peter Weiss.

Estreada polo grupo Eis da USC
1993 - A zapateira prodixiosa. Adaptación da obra homónima de García Lorca.

Estreada polo grupo Aturuxo do Concello de Ourense.
1994 - Escribe a obra teatral A Costa de Baialdo baixo o seudónimo de Martín de Abeleda.

Estreada polo grupo Aturuxo do Concello de Ourense.

1995 - Ubú rei, adaptación da obra homónima de A. Jarry.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.

1995 - Terror e miseria da nación poderosa. Adaptación de Terror e miseria do III Reich, de B. Brecht.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.

1995 - Escribe Os trasnos da noite, obra de teatro infantil.

Estreada por Sarabela Teatro

1996 - Coescribe a obra de teatro Afección xunto a Begoña Muñoz, Carlos Couceiro e Ánxeles Cuña.

Estreada por Sarabela Teatro

1997 - Hamlet, adaptación da obra homónima de William Shakespeare.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.
1997 - Tartufo, adaptación da obra homónima de Molière.

Estreada polo grupo Aturuxo do Concello de Ourense

1997 - Artigo “Nós e o teatro” en Escaramuza nº 1. Revista da AADTEG.
1997 - Artigo “A palabra en acción” en Escaramuza nº 2. Revista da AADTEG.
1997 - Retén, adaptación da obra homónima de Ernesto Caballero.

Estreada por Talía Teatro
1997 - MEMORIA DE INVESTIGACIÓN: “O Teatro profesional galego. Ano 1993” (UNED)

1998 - Que viva o Duque!, adaptación de Viva el Duque, nuestro dueño, de Alonso de Santos.

Estreada polo grupo do Colexio Maior Fonseca e polo grupo Aturuxo do Concello de Ourense
1998 - No tempo do crepúsculo, dramaturxia de Crimes exemplares de Max Aub.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.
1998 - Coescribe Tics xunto a Begoña Muñoz, Carlos Couceiro e Ánxeles Cuña.

Publicada por Baia Edicións (2000). Estreada por Sarabela Teatro. Premio FETEN ao mellor texto.

 


1999 - Coescribe Os soños de Caín xunto a Begoña Muñoz, Carlos Couceiro e Ánxeles Cuña.

Publicada por Abano Editores (2000) no volume Talía na crónica de nós. Estreada por Sarabela Teatro.

1999 - O país das últimas cousas, dramaturxia da novela homónima de Paul Auster.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.
1999 - Artigo “Hamlet, Unha montaxe da Aula de Teatro Universitaria de Ourense” en Casa Hamlet Nº 1

1999 - Artigo “A Aula de Teatro de Ourense” en Casa Hamlet Nº 1
1999 - Ponencia “Experiencias de animación teatral” no Encontro Internacional de Animación Teatral de Santiago de Compostela. 

Publicada no 2000 polo Consello da Cultura Galega
2000 - Artigo “O intérprete diante dos medios” na Revista Galega de Teatro Nº 21
2000 - Un conto de inverno, adaptación da obra  homónima de W. Shakespeare.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.

2001 - Vodas de Sangue, adaptación a partir da obra homónima de García Lorca.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña      

2001 - Artigo “VI MITEU” na Revista Galega de Teatro Nº 27

2002 - Fahrenheit 451, dramaturxia a partir da novela homónima de Ray Bradbury.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.

2003 - O despertar, obra teatral a partir de Despertar de Primavera de Frank Wedekind.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.

2004 - Totem, dramaturxia baseada en Señor das moscas de William Golding.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.

2005 - Frankenstein, dramaturxia baseada na novela homónima de Mary W. Shelley.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.

2005 - Artigo "O lugar do teatro universitario", publicado na revista FATAL de Lisboa

2005 - Letra da intro do disco Lume de Lamatumbá

2006 - Rampante, dramaturxia baseada na novela O Barón rampante de Italo Calvino.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña.

2006 - Escribe Camiño da fama baixo seudónimo para a campaña da OMIC do Concello de Ourense.

 Dirixida por Tegra Vázquez en Teatro Mutante.
2006 - Publica "Humpf", escena teatral, no libro Indo entre liñas da Universidade de Vigo
2006 - Encerradas, adaptación de La casa de Bernarda Alba de García Lorca.

Estreada por Trécola Teatro
2006 - Escribe A escada dos tempos.

Estreada por Sarabela Teatro para a campaña de turismo de Monforte na Torre da Homenaxe

2007 - Escribe Unicornio.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2007 - A viaxeira, dramaturxia a partir de O Principiño de Saint-Exüpery.

Estreada pola Compañía de Teatro Artes no Camiño (Ars Actus)

2008 - 84, dramaturxia a partir da novela 1984 de G. Orwell.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña
2008 - Pinokia, dramaturxia a partir de Pinocho de Carlo Collodi.

Estreada por Trécola Teatro

2008 - Escribe El equipaje, obra teatral inspirada en El equipaje del rey José de Galdós, 

coa que participa no programa da Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales "Las huellas de la Barraca".

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2009 - Hide, oculto, dramaturxia baseada na novela Dr. Jekyll e Mr. Hyde, de R. L. Stevenson.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2010 - Odisea espacial, dramaturxia a partir das novelas 2001, Unha Odisea espacial e 2010, Odisea 2 de A. C. Clarke.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2010 - Coordina o libro 20 anos da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, 15 anos de MITEU,  

publicado pola Difusora de Letras, Artes e Ideas



2011 - Leve, a nada entre as mans, dramaturxia a partir da novela Seda de Alessandro Baricco.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2011 - Artigo "Imos cara un teatro necesario para a sociedade?", publicado na RGT (Revista Galega de Teatro)

2012 - Un novo mundo feliz, dramaturxia a partir da novela Un mundo feliz de Aldous Huxley.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2013 - Delicioso suicidio en grupo, dramaturxia a partir da novela Suicidio colectivo con encanto de Arto Paasilinna.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2014 - Escribe Café Liberdade.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2014 - Artigo "Desde mi celda (teatral)" publicado na ADE (Revista da Asociación de Directores de España)

2015 - III, adaptación de Ricardo III de W. Shakespeare.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2016 - Demediado, dramaturxia da novela O Vizconde Demediado de Italo Calvino.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2016 - Artigo sobre a MITEU para a Federación de Teatro Universitario de España

2017 - A última cornixa do mundo, dramaturxia a partir da novela Océano mar de Alessandro Baricco.

 Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2017 - Tese "25 anos de Teatro Universitario galego. As Aulas de Teatro universitarias de Galicia (1990-2015)" na UEX. 

Calificación de sobresaliente cum laude.

 

 

2018 - As ondas das pedras no río, dramaturxia da novela O deus das pequenas cousas de Arundathi Roy.

 Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2018 - Escrita de Celebración, a gran noite, inspirada en Voda de Jean-Luc Lagarce.

Estreada por Sarabela Teatro

2018 - Artigo "As mostras e festivais de teatro universitario de Galicia" na Revista Galicia 21

2019 - Implosións, drogas, pasma e outras cousas das que preocuparse, dramaturxia das primeiras novelas da saga Malaussène de Daniel Pennac.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2019 - Coescribe Crónicas do Paraíso xunto a Goçalo Guerreiro a partir de As crónicas do Sochantre de A. Cunqueiro.

Estreada por Sarabela Teatro

2020 - Imperator, adaptación de A resistible ascensión de Artur Ui de Bertolt Brecht.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2020 - Dramaturxia de A lingua das bolboretas de Manuel Rivas xunto a Gonçalo Guerreiro.

Estreada por Sarabela Teatro. Premio María Casares á mellor adaptación.

2021 - Aínda que siga brillando a lúa, dramaturxia da novela Crónicas marcianas de Ray Bradbury.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2022 - O parke do crepúskulo, dramaturxia da novela Sunset Park de Paul Auster.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2022 - Dramaturxia/versión de Asemblea Xeral de Lauro Olmo xunto a Fina Calleja.

Estreada por Sarabela Teatro

2022 - Dramaturxia de Arraianos de Méndez Ferrín xunto a Ánxeles Cuña.

Estreada por Sarabela Teatro

2023 - As cidades agochadas, dramaturxia da novela As cidades invisibles de Italo Calvino.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2023 - Dramaturxia de Made in Galiza de Séchu Sende xunto a Fina Calleja.

Estreada por Sarabela Teatro

2024 - Desequilibrios, dramaturxia da novela Alguén voou sobre o niño do cuco de Ken Kesey.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2024 - Comunicación "Justicia terapéutica y teatro en una APS: una estrategia para reducir la prisionización secundaria" no IX Congreso Iberoamericano de Justicia Terapéutica: prevención y cuidado frente a las problemáticas del mundo de hoy (con María José Vázquez-Figueiredo e Katia Rolán), e co-organizado pola Secretaría de Extensión de la Facultad de Ciencias Jurídicas y Sociales de la Universidad Nacional La Plata (UNLP) e a Asociación Iberoamericana de Justicia Terapéutica (AITJ)

2025 - Ludovico 2.5, dramaturxia de A laranxa mecánica de Anthony Burgess.

Estreada pola Aula de Teatro do Campus de Ourense - Grupo Maricastaña

2025 - Guión da gala dos premios de Teatro María Casares: "Un día de bolo".

Estreada na gala dos premios por Sarabela Teatro.

2025 - Publica EMPATÍAS. Editorial Laiovento. Libro de relatos